videos,crear lista personalizada de videos, presentaciónes de fotos + música
https://sites.google.com/a/iesboliches.org/aprendo-con-las-tics/videos
http://www.scoop.it/t/mis-sitios-en-la-red
Unha web propia ou tamén un caixón de sastre
QUE?
Google Sites
PARA QUÉ?
Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: http://sites.google.com
COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear sitio.
4. Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en "Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7. Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded tour player".
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://sites.google.com/support/?hl=es páxina de axuda oficial de Google Sites
http://www.scribd.com/doc/7644294/Manual-Google-Sites Manual de Google Sites enlaces a exemplos, guía rápida e outros. Moi completo
EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.
Etiquetas:
Blogues,
Ferramentas,
Google suite
Office en internet
QUÉ?:
Google Docs
PARA QUÉ?
Google Docs é un conxunto de aplicacións das coñecidas como ofimáticas, que poden ser utilizadas dende calquera computador conectado a internet, sen necesidade de instalar nel ningún programa que non sexa un navegador.
Inclúe Tratamento de textos, folla de cálculo, Creación de presentacións e lector de documentos.
Isto aporta algunhas ventaxas evidentes:
En primeiro lugar non necesitamos instalar programas concretos de ofimática.
Ademais os documentos poden abrirse e modificarse por un usuario en diferentes lugares, ou mesmo por diferentes usuarios se xestionamos os permisos correspondentes a cada documento. Ademáis gárdase unha historia completa do documento co que podemos sempre que queiramos desfacer todos os cambios feitos dende o orixinal
Tamén podemos, se facemos públicos os documentos, crear vínculos dende un blogue ou páxina web de xeito que poden ser consultados por calquera que chegue á páxina..
Permite importar e exportar dende e cara a formatos de documentos habituais: Word...
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en docs ou directamente na seguinte dirección: http://docs.google.com
COMO?
1. Accedemos a google docs dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Na pantalla de inicio vemos os nosos documentos e podemos acceder a eles ou ben realizar accións sobre eles como xestionar o seu uso compartido con outros usuarios.
4. Tamén podemos crear outros documentos ou importalos dende o noso equipo.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://5lineas.com/archivo/internet-web20/google-docs-en-buen-espanol/ Video que é Google Docs?
http://www.aulaclic.es/googledocs Curso Completo sobre Google Docs
EXEMPLOS
WebQuest elaborada polo departamento de frances no marco do grupo de traballo sobre os ríos de Francia, compartida como páxina web
LA FRANCE AU FIL DE L'EAU
Decálogo de boas prácticas d@s bloguer@s, documentos traballado na clase antes de empezar a publicar no blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfNWZjdmdmaG42&hl=en
Letra da canción "The water cycle" que foi enlazada no noso blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfM2hqMnFtcmZy&hl=en
Planetaki
QUÉ?:
Planetaki
PARA QUÉ?
Un planeta serve para ler as túas webs favoritas nunha única páxina. Ademais podes, se queres facer o teu planeta público.
É posible, por exemplo, crear un planeta para clase onde incluir as páxinas que poden consultar os alumnos frecuentemente.
ONDE?
www.planetaki.com
COMO?
1. Despois de acceder a páxina principal resistrámonos: Nome do planeta, dirección, eleximos se vai ser público ou privado, o idioma (inclúe o galego como opción) e os datos de acceso (correo, e contrasinal para planetaki, lóxicamente non deberá coincidir coa do blogue xa que estaríamos permitindo o acceso ao mesmo.
2. Despois do rexistro engadimos as direccións web que queremos que aparezan no noso planeta. En realidade funcionará unicamente con páxinas de contido dinámico, pensadas para actualizar con frecuencia: Blogues, Galerías fotográficas en liña, Redes sociais e non con páxinas estáticas polo que a súa utilidade e limitada.
3. A páxina contén preguntas frecuentes e un blogue que recolle as últimas novidades.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://blog.planetaki.es/ blogue de planetaki en español.
Caixa de sons
QUÉ?:
Ivoox
PARA QUÉ?
Para aloxar ficheiros de audio, escoitar e descargar programas de radio, podcasts, revistas, conferencias, concertos, audiolibros..., poderemos descargar os ficheiros ou incrustalos nun blogue ou páxina web
ONDE?
www.ivoox.com
COMO?
1. Para subir un ficheiro sonoro debemos en primeiro lugar rexistrarnos.
2. No rexistro debemos indicar, nome, país, sexo, dirección de correo, nome de usuario,contrasinal (para entrar en ivoox, diferente á da conta de correo) aceptar as condicións e encher o "captcha"
3. O rexistro finaliza ao abrir o noso correo e facer clic no link que nos envían dende o servizo.
4. Xa podemos subir os nosos ficheiros mp3. Clic en subir>subir audio. Poñemos título, descrición, eliximos categoría, palabras clave etc. Aceptamos e envíamos. Nun segundo paso buscamos no noso equipo o ficheiro de audio ou video que queremos subir, ou se está en internet poñemos a URL.
5. Unha vez procesado o documento poderemos localizalo na nosa zona privada, ou simplemente co buscador a partires do nome ou parte do mesmo.
6. Se queremos incrustar nun blogue ou web un ficheiro sonoro, unha vez atopado, facemos clic en "Llevátelo a tu web o blog", eliximos o tipo de reproductor e copiamos o código que pegaremos no blogue.
EXEMPLO
Podcast dun monólogo de Pablo Motos sobre a auga incrustado dende ivoox
GOOGLE EARTH
Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica (SIG) . Creado pola empresa Keyhole e despois adquirido por Google e posto a disposición dos usuarios Combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google, permite ver imaxes en 3D a escala dun lugar específico do planeta.
Google Earth permíteche voar a calquera lugar da terra, ver imaxes de satélite, mapas, relevos, edificios 3D, street view (observar fotos esféricas a pe de rúa). Nas últimas versións tamén podes ver galaxias do espazo exterior e canons do océano. Podes explorar un amplo contido xeográfico, gardar os lugares que visites e compartilos con outras persoas.
Descarga e instalación do programa:
Pódese descargar e instalar na dirección seguinte:
Como mostra das posibilidades case ilimitadas do programa este exemplo dunha visita guiada creada con Google Earth, gardada como ficheiro kmz e incrustada no blogue grazas a un "gadchet" creado recentemente por google: o Embedd Tour Player.
É un percorrido polo río Tambre dende Chaián ata Portomouro.
Se queres saber mais sobre este programa e como utilizalo pincha aquí ou no enlace da cabeceira á páxina adicada a él.
Webquest sobre rexións e ríos en Francia
LA FRANCE AU FIL DE L'EAU
Elaboración dunha webquest
Neste traballo, tratábase de poñer en práctica unha das tecnoloxías da información e da comunicación, a webquest. O tema escollido foi o tema dos ríos (de Francia porque se relaciona coa materia que impartimos no centro) e ademais era o tema do proxecto interdisciplinar.
A) Lecturas previas
Como era a primeira vez que iamos crear unha webquest, tivemos que ler sobre este tema e sobre todo asegurarnos de que esta actividade correspondía perfectamente aos obxectivos do grupo de traballo e do proxecto interdisciplinar do centro. As nosas lecturas foron múltiples e variadas, e abarcaron lecturas teoricas como un manual titulado “Nuevas tecnologías para la clase de Francés Lengua Extranjera: teoría e práctica” do Profesor Alfredo Álvarez Alvarez, ou as explicacións de Bernie Dodge, o creador da webquest (USA, 1995), ou a páxina web de Aula 21.net que nos foi de gran axuda à hora de realizar a nosa webquest. Pero tamén, e en unha gran medida, limos moitas webquest xa creadas, disponibles na rede e que nos permitiron aprender e concretar como debíase facer esta actividade.
B) Plantexamento teórico das webquest
Unha webquest é unha pequena investigación, unha búsqueda da información na rede por parte dos alumnos aos que vai dirixida e entorno à un tema escollido de anteman polo profesor. Esta investigación está moi estructurada e guiada, tanto a nivel das tarefas que deben realizar os alumnos como a nivel dos recursos dispoñibles que son moi definidos. Pero o resultado final é fruto das decisións que tomaron os alumnos ao largo das sesións de traballo. As fontes de información proceden do profesor e os alumnos utilizan estas fontes, e no outras. Despois, o alumnado ten que interpretar e explotar a información que nelas figura. Nunha webquest os alumnos realizan tarefas concretas. Son tarefas estimulantes para a mente e favorecen as discusións entre eles xa que na maioría dos casos, o traballo faise en grupo pequeno, de 2 a 4 persoas.
Por outra banda favorece a autonomía e respecta os ritmos persoais dos alumnos. Cando un alumno realiza as activades dunha webquest, é totalmente actor do seu aprendizaxe, e podemos dicir que constrúe o seu coñecemento. As tarefas propostas consisten en elaborar un producto que va dende una presentación (póster, power point) hasta unha escenificación teatral, un guión radiofónico.... A webquest pódese considerar como unha nova maneira de aprender, e tamén como unha boa maneira de introducir internet nas clases e na aula.
C) Difcultades encontradas
A principal dificultade deste traballo foi encontrar recursos para os alumnos que foran adaptados o seu nivel de coñecemento, sobre todo da lingua francesa xa que levan poucos meses aprendendo este idioma. As páxinas encontradas son para a maioría dispoñibles en castelán e por outra banda teñen moitas fotos, o cal facilita bastante a comprensión dos textos e por tanto a realización da tarefa. A outra dificultade desta actividade é temporal xa que imos necesitar 3 ou 4 sesións de clase para poñela en practica. Estamos a final de curso, e o noso desexo é ver o resultado deste traballo cunha aplicación na aula, así que confiamos en que sexa posible.
D) Actividades previas
Ao mesmo tempo que facíamos as lecturas sobre a base teórica das webquest, quixemos, antes de iniciar a nosa tarefa, interesarnos polos alumnos e as súas inquietudes en canto a outros ríos diferentes dos que coñecen e estudian. Sabíamos que traballaban sobre o seu entorno e parecíanos interesante prolongar os seus coñecementos fóra das fronteiras de Galicia, creando así un vinculo cunha das materias que estudian este ano, o francés. Así propuximos facer unha pequena reflexión basada na comparación entre o que coñecen en canto a ríos (fauna, flora, construccións, oficios tradicionais, actividades lúdicas, problemas de conservación e contaminación, etc.) e os ríos de Francia. O noso obxectivo era que descubrisen, a través da súa investigación enmarcada nunha webquest, que existe unha cultura compartida entre Francia e Galicia entorno aos ríos. A través da webquest, habrán podido responder ás preguntas previas que se facía sobre os ríos en Francia.
Windows Movie Maker
É un software de edición de vídeo e imaxes que se inclúe nas versións recentes de Microsoft. Contén características tales como efectos, transicións, títulos ou créditos, pista de audio, narración cronolóxica, etc.
Serve para crear, editar e realizar montaxes con vídeo, imaxes e son. Tamén ofrece unha opción para equilibrar o son ao teu gusto.
O uso é moi sinxelo. Tratase de arrastrar os elementos que queiras, xa sexan vídeos, son ou imaxes á barra de tempo e intercalar calquera dos 60 efectos de imaxe, transicións entre imaxes das que dispón. Ademais ofrece a posibilidade de engadir en calquer parte da secuencia, calquer tipo de texto, o cal podemos manipular con diferentes animacións.
Cos efectos de Windows Movie Maker poderás acelerar ou decelerar un vídeo, facer que pareza creado a lapis, rotalo, cambiar as cores, convertelo a cor sepia e, entre outros, o sensacional efecto de envellecer un vídeo, en tres graos de envellecemento.
Olla un exemplo do que se pode facer con este programa.
Podese localizar e descargar directamente dá rede, hay varias versións unhas de balde e outras de pagamento. A sua instalacion é sinxela.
Aquí tedes unha web onde atopar explicacións, solucións aos problemas mais frecuentes, consellos, tutoriais e exemplos.
http://movimaker-es.net/?a=Windows%20movie%20maker
Algo sobre os Slide
Baixo este mesmo epígrafe agrúpanse varios programas que teñen en común o tratamento de imaxes. Imos comentar en concreto dous deles: slideshow e slideshare.
QUE?
Slideshow e slideshare son aplicacións da web 2.0 que mostran presentacións online.
PARA QUE?
Slideshow é un programa para facer presentacións de fotografías.
Slideshare é un programa para facer e publicar presentacións de imaxes do tipo powerpoint (con imaxes, textos, esquemas, gráficos, etc.) pero sen as transicións e as animacións.
ONDE?
Slideshow en http://www.slide.com/
Slideshare en http://www.slideshare.net/
COMO?
TITORIAIS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)