Google Earth é un programa informático similar a un Sistema de Información Xeográfica (SIG) . Creado pola empresa Keyhole e despois adquirido por Google e posto a disposición dos usuarios Combinando imaxes de satélite, mapas e o motor de busca de Google, permite ver imaxes en 3D a escala dun lugar específico do planeta.
Google Earth permíteche voar a calquera lugar da terra, ver imaxes de satélite, mapas, relevos, edificios 3D, street view (observar fotos esféricas a pe de rúa). Nas últimas versións tamén podes ver galaxias do espazo exterior e canons do océano. Podes explorar un amplo contido xeográfico, gardar os lugares que visites e compartilos con outras persoas.
Descarga e instalación do programa:
Pódese descargar e instalar na dirección seguinte:
Manexo de Google Earth
A aplicación unha vez instalada e executada no noso computador abre unha ventá que podemos dividir en 6 zonas diferentes nas que teremos ferramentas, opcións, menús, etc.
ZONA 1

Outra opción, tanto para o zoom como para a inclinación e a navegación en xeral, é utilizar, se dispós del, o botón central do teu rato encima da imaxe da terra en Google Earth. Manténdoo pulsado conseguirás combinar todos os elementos de forma fluída.
ZONA 2
Contén interesante información útil para localizar e conseguir a máxima definición posible das imaxes que queiras ver. Nela atopamos, á esquerda, as coordenadas horizontais e verticais que indican a posición do punteiro do rato e na zona central, a altura do ollo na que formamos a imaxe e a dereita de todo atopamos un indicador de descarga. O 100% é a maior resolución posible para esa imaxe.
ZONA 3

ZONA 4

Zona 5

ZONA 6
Unha serie de ferramentas que nos permitirán realizar varias accións como publicar os mapas, engadir luz solar,etc, pero o máis importante son os botóns que nos permiten crear marcadores propios, xa sexan puntos, liñas, ou polígonos.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
EXEMPLO
Ruta de sendeirismo deseñada por Jennifer Dubra, alumna de 1º de ESO
Aquí tedes outro exemplo do que permite Google Earth: Unha visita guiada creada co programa en incrustada no blogue. É un percorrido polo río Tambre dende Chaián ata Portomouro.