Mostrando entradas con la etiqueta Ferramentas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ferramentas. Mostrar todas las entradas

Unha web propia ou tamén un caixón de sastre












QUE?
Google Sites

PARA QUÉ?
Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.

ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: http://sites.google.com

COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear sitio.
4. Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en "Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7. Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded tour player".

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://sites.google.com/support/?hl=es páxina de axuda oficial de Google Sites

http://www.scribd.com/doc/7644294/Manual-Google-Sites Manual de Google Sites enlaces a exemplos, guía rápida e outros. Moi completo

EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.

Office en internet














QUÉ?:
Google Docs

PARA QUÉ?
Google Docs é un conxunto de aplicacións das coñecidas como ofimáticas, que poden ser utilizadas dende calquera computador conectado a internet, sen necesidade de instalar nel ningún programa que non sexa un navegador.
Inclúe Tratamento de textos, folla de cálculo, Creación de presentacións e lector de documentos.
Isto aporta algunhas ventaxas evidentes:
En primeiro lugar non necesitamos instalar programas concretos de ofimática.
Ademais os documentos poden abrirse e modificarse por un usuario en diferentes lugares, ou mesmo por diferentes usuarios se xestionamos os permisos correspondentes a cada documento. Ademáis gárdase unha historia completa do documento co que podemos sempre que queiramos desfacer todos os cambios feitos dende o orixinal
Tamén podemos, se facemos públicos os documentos, crear vínculos dende un blogue ou páxina web de xeito que poden ser consultados por calquera que chegue á páxina..
Permite importar e exportar dende e cara a formatos de documentos habituais: Word...

ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en docs ou directamente na seguinte dirección: http://docs.google.com

COMO?
1. Accedemos a google docs dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Na pantalla de inicio vemos os nosos documentos e podemos acceder a eles ou ben realizar accións sobre eles como xestionar o seu uso compartido con outros usuarios.
4. Tamén podemos crear outros documentos ou importalos dende o noso equipo.


TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://5lineas.com/archivo/internet-web20/google-docs-en-buen-espanol/ Video que é Google Docs?

http://www.aulaclic.es/googledocs Curso Completo sobre Google Docs

EXEMPLOS

WebQuest elaborada polo departamento de frances no marco do grupo de traballo sobre os ríos de Francia, compartida como páxina web
LA FRANCE AU FIL DE L'EAU

Decálogo de boas prácticas d@s bloguer@s, documentos traballado na clase antes de empezar a publicar no blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfNWZjdmdmaG42&hl=en

Letra da canción "The water cycle" que foi enlazada no noso blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfM2hqMnFtcmZy&hl=en

Planetaki









QUÉ?:
Planetaki

PARA QUÉ?
Un planeta serve para ler as túas webs favoritas nunha única páxina. Ademais podes, se queres facer o teu planeta público.

É posible, por exemplo, crear un planeta para clase onde incluir as páxinas que poden consultar os alumnos frecuentemente.

ONDE?
www.planetaki.com

COMO?
1. Despois de acceder a páxina principal resistrámonos: Nome do planeta, dirección, eleximos se vai ser público ou privado, o idioma (inclúe o galego como opción) e os datos de acceso (correo, e contrasinal para planetaki, lóxicamente non deberá coincidir coa do blogue xa que estaríamos permitindo o acceso ao mesmo.
2. Despois do rexistro engadimos as direccións web que queremos que aparezan no noso planeta. En realidade funcionará unicamente con páxinas de contido dinámico, pensadas para actualizar con frecuencia: Blogues, Galerías fotográficas en liña, Redes sociais e non con páxinas estáticas polo que a súa utilidade e limitada.
3. A páxina contén preguntas frecuentes e un blogue que recolle as últimas novidades.

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://blog.planetaki.es/ blogue de planetaki en español.