Unha web propia ou tamén un caixón de sastre
QUE?
Google Sites
PARA QUÉ?
Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: http://sites.google.com
COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear sitio.
4. Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en "Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7. Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded tour player".
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://sites.google.com/support/?hl=es páxina de axuda oficial de Google Sites
http://www.scribd.com/doc/7644294/Manual-Google-Sites Manual de Google Sites enlaces a exemplos, guía rápida e outros. Moi completo
EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.
Office en internet
QUÉ?:
Google Docs
PARA QUÉ?
Google Docs é un conxunto de aplicacións das coñecidas como ofimáticas, que poden ser utilizadas dende calquera computador conectado a internet, sen necesidade de instalar nel ningún programa que non sexa un navegador.
Inclúe Tratamento de textos, folla de cálculo, Creación de presentacións e lector de documentos.
Isto aporta algunhas ventaxas evidentes:
En primeiro lugar non necesitamos instalar programas concretos de ofimática.
Ademais os documentos poden abrirse e modificarse por un usuario en diferentes lugares, ou mesmo por diferentes usuarios se xestionamos os permisos correspondentes a cada documento. Ademáis gárdase unha historia completa do documento co que podemos sempre que queiramos desfacer todos os cambios feitos dende o orixinal
Tamén podemos, se facemos públicos os documentos, crear vínculos dende un blogue ou páxina web de xeito que poden ser consultados por calquera que chegue á páxina..
Permite importar e exportar dende e cara a formatos de documentos habituais: Word...
ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en docs ou directamente na seguinte dirección: http://docs.google.com
COMO?
1. Accedemos a google docs dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Na pantalla de inicio vemos os nosos documentos e podemos acceder a eles ou ben realizar accións sobre eles como xestionar o seu uso compartido con outros usuarios.
4. Tamén podemos crear outros documentos ou importalos dende o noso equipo.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://5lineas.com/archivo/internet-web20/google-docs-en-buen-espanol/ Video que é Google Docs?
http://www.aulaclic.es/googledocs Curso Completo sobre Google Docs
EXEMPLOS
WebQuest elaborada polo departamento de frances no marco do grupo de traballo sobre os ríos de Francia, compartida como páxina web
LA FRANCE AU FIL DE L'EAU
Decálogo de boas prácticas d@s bloguer@s, documentos traballado na clase antes de empezar a publicar no blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfNWZjdmdmaG42&hl=en
Letra da canción "The water cycle" que foi enlazada no noso blogue
http://docs.google.com/Doc?docid=0AT_ZQ3boINd-ZGZ2cjR3dHFfM2hqMnFtcmZy&hl=en
Planetaki
QUÉ?:
Planetaki
PARA QUÉ?
Un planeta serve para ler as túas webs favoritas nunha única páxina. Ademais podes, se queres facer o teu planeta público.
É posible, por exemplo, crear un planeta para clase onde incluir as páxinas que poden consultar os alumnos frecuentemente.
ONDE?
www.planetaki.com
COMO?
1. Despois de acceder a páxina principal resistrámonos: Nome do planeta, dirección, eleximos se vai ser público ou privado, o idioma (inclúe o galego como opción) e os datos de acceso (correo, e contrasinal para planetaki, lóxicamente non deberá coincidir coa do blogue xa que estaríamos permitindo o acceso ao mesmo.
2. Despois do rexistro engadimos as direccións web que queremos que aparezan no noso planeta. En realidade funcionará unicamente con páxinas de contido dinámico, pensadas para actualizar con frecuencia: Blogues, Galerías fotográficas en liña, Redes sociais e non con páxinas estáticas polo que a súa utilidade e limitada.
3. A páxina contén preguntas frecuentes e un blogue que recolle as últimas novidades.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://blog.planetaki.es/ blogue de planetaki en español.
Caixa de sons
QUÉ?:
Ivoox
PARA QUÉ?
Para aloxar ficheiros de audio, escoitar e descargar programas de radio, podcasts, revistas, conferencias, concertos, audiolibros..., poderemos descargar os ficheiros ou incrustalos nun blogue ou páxina web
ONDE?
www.ivoox.com
COMO?
1. Para subir un ficheiro sonoro debemos en primeiro lugar rexistrarnos.
2. No rexistro debemos indicar, nome, país, sexo, dirección de correo, nome de usuario,contrasinal (para entrar en ivoox, diferente á da conta de correo) aceptar as condicións e encher o "captcha"
3. O rexistro finaliza ao abrir o noso correo e facer clic no link que nos envían dende o servizo.
4. Xa podemos subir os nosos ficheiros mp3. Clic en subir>subir audio. Poñemos título, descrición, eliximos categoría, palabras clave etc. Aceptamos e envíamos. Nun segundo paso buscamos no noso equipo o ficheiro de audio ou video que queremos subir, ou se está en internet poñemos a URL.
5. Unha vez procesado o documento poderemos localizalo na nosa zona privada, ou simplemente co buscador a partires do nome ou parte do mesmo.
6. Se queremos incrustar nun blogue ou web un ficheiro sonoro, unha vez atopado, facemos clic en "Llevátelo a tu web o blog", eliximos o tipo de reproductor e copiamos o código que pegaremos no blogue.
EXEMPLO
Podcast dun monólogo de Pablo Motos sobre a auga incrustado dende ivoox
GOOGLE EARTH
Como mostra das posibilidades case ilimitadas do programa este exemplo dunha visita guiada creada con Google Earth, gardada como ficheiro kmz e incrustada no blogue grazas a un "gadchet" creado recentemente por google: o Embedd Tour Player.
É un percorrido polo río Tambre dende Chaián ata Portomouro.
Se queres saber mais sobre este programa e como utilizalo pincha aquí ou no enlace da cabeceira á páxina adicada a él.
Webquest sobre rexións e ríos en Francia
LA FRANCE AU FIL DE L'EAU
Elaboración dunha webquest
Neste traballo, tratábase de poñer en práctica unha das tecnoloxías da información e da comunicación, a webquest. O tema escollido foi o tema dos ríos (de Francia porque se relaciona coa materia que impartimos no centro) e ademais era o tema do proxecto interdisciplinar.
A) Lecturas previas
Como era a primeira vez que iamos crear unha webquest, tivemos que ler sobre este tema e sobre todo asegurarnos de que esta actividade correspondía perfectamente aos obxectivos do grupo de traballo e do proxecto interdisciplinar do centro. As nosas lecturas foron múltiples e variadas, e abarcaron lecturas teoricas como un manual titulado “Nuevas tecnologías para la clase de Francés Lengua Extranjera: teoría e práctica” do Profesor Alfredo Álvarez Alvarez, ou as explicacións de Bernie Dodge, o creador da webquest (USA, 1995), ou a páxina web de Aula 21.net que nos foi de gran axuda à hora de realizar a nosa webquest. Pero tamén, e en unha gran medida, limos moitas webquest xa creadas, disponibles na rede e que nos permitiron aprender e concretar como debíase facer esta actividade.
B) Plantexamento teórico das webquest
Unha webquest é unha pequena investigación, unha búsqueda da información na rede por parte dos alumnos aos que vai dirixida e entorno à un tema escollido de anteman polo profesor. Esta investigación está moi estructurada e guiada, tanto a nivel das tarefas que deben realizar os alumnos como a nivel dos recursos dispoñibles que son moi definidos. Pero o resultado final é fruto das decisións que tomaron os alumnos ao largo das sesións de traballo. As fontes de información proceden do profesor e os alumnos utilizan estas fontes, e no outras. Despois, o alumnado ten que interpretar e explotar a información que nelas figura. Nunha webquest os alumnos realizan tarefas concretas. Son tarefas estimulantes para a mente e favorecen as discusións entre eles xa que na maioría dos casos, o traballo faise en grupo pequeno, de 2 a 4 persoas.
Por outra banda favorece a autonomía e respecta os ritmos persoais dos alumnos. Cando un alumno realiza as activades dunha webquest, é totalmente actor do seu aprendizaxe, e podemos dicir que constrúe o seu coñecemento. As tarefas propostas consisten en elaborar un producto que va dende una presentación (póster, power point) hasta unha escenificación teatral, un guión radiofónico.... A webquest pódese considerar como unha nova maneira de aprender, e tamén como unha boa maneira de introducir internet nas clases e na aula.
C) Difcultades encontradas
A principal dificultade deste traballo foi encontrar recursos para os alumnos que foran adaptados o seu nivel de coñecemento, sobre todo da lingua francesa xa que levan poucos meses aprendendo este idioma. As páxinas encontradas son para a maioría dispoñibles en castelán e por outra banda teñen moitas fotos, o cal facilita bastante a comprensión dos textos e por tanto a realización da tarefa. A outra dificultade desta actividade é temporal xa que imos necesitar 3 ou 4 sesións de clase para poñela en practica. Estamos a final de curso, e o noso desexo é ver o resultado deste traballo cunha aplicación na aula, así que confiamos en que sexa posible.
D) Actividades previas
Ao mesmo tempo que facíamos as lecturas sobre a base teórica das webquest, quixemos, antes de iniciar a nosa tarefa, interesarnos polos alumnos e as súas inquietudes en canto a outros ríos diferentes dos que coñecen e estudian. Sabíamos que traballaban sobre o seu entorno e parecíanos interesante prolongar os seus coñecementos fóra das fronteiras de Galicia, creando así un vinculo cunha das materias que estudian este ano, o francés. Así propuximos facer unha pequena reflexión basada na comparación entre o que coñecen en canto a ríos (fauna, flora, construccións, oficios tradicionais, actividades lúdicas, problemas de conservación e contaminación, etc.) e os ríos de Francia. O noso obxectivo era que descubrisen, a través da súa investigación enmarcada nunha webquest, que existe unha cultura compartida entre Francia e Galicia entorno aos ríos. A través da webquest, habrán podido responder ás preguntas previas que se facía sobre os ríos en Francia.
Windows Movie Maker
É un software de edición de vídeo e imaxes que se inclúe nas versións recentes de Microsoft. Contén características tales como efectos, transicións, títulos ou créditos, pista de audio, narración cronolóxica, etc.
Serve para crear, editar e realizar montaxes con vídeo, imaxes e son. Tamén ofrece unha opción para equilibrar o son ao teu gusto.
O uso é moi sinxelo. Tratase de arrastrar os elementos que queiras, xa sexan vídeos, son ou imaxes á barra de tempo e intercalar calquera dos 60 efectos de imaxe, transicións entre imaxes das que dispón. Ademais ofrece a posibilidade de engadir en calquer parte da secuencia, calquer tipo de texto, o cal podemos manipular con diferentes animacións.
Cos efectos de Windows Movie Maker poderás acelerar ou decelerar un vídeo, facer que pareza creado a lapis, rotalo, cambiar as cores, convertelo a cor sepia e, entre outros, o sensacional efecto de envellecer un vídeo, en tres graos de envellecemento.
Olla un exemplo do que se pode facer con este programa.
Podese localizar e descargar directamente dá rede, hay varias versións unhas de balde e outras de pagamento. A sua instalacion é sinxela.
Aquí tedes unha web onde atopar explicacións, solucións aos problemas mais frecuentes, consellos, tutoriais e exemplos.
http://movimaker-es.net/?a=Windows%20movie%20maker
Algo sobre os Slide
FLICKR
QUE?
Flickr é un grande almacén de fotografías e vídeos en liña.
PARA QUE?
Serve fundamentalmente para gardar fotografías, como un álbum enorme que non nos ocupa espazo no disco duro do noso ordenador, pero tamén para compartir fotos, xa que son de uso libre (non existen dereitos sobre as imaxes colgadas na rede dentro deste programa). Tal como figura na propia páxina da aplicación, a súa función principal é o intercambio.
Ademais funciona como un arquivo pois as fotografías están ordenadas e organizadas mediante etiquetas que facilitan as buscas.
ONDE?
O enderezo electrónico é moi sinxelo: http://www.flickr.com/
aínda que en castelán figura como www.flickr.com/groups/flicrkrenespaol
Máis sinxela é a versión de flickrcc (http://www.flickrcc.bluemountains.net/)
COMO?
Hai dúas posibilidades dentro deste programa: unha versión gratuíta, que é a que nos interesa aos usuarios en xeral, e outra versión de pagamento. Coa primeira versión temos a posibilidade de subir dous vídeos e 100 Mb en fotos por mes (na de pago a capacidade é ilimitada).
Para crear unha conta é preciso un ID de Yahoo. Se non o tes na mesma páxina podes crealo, só precisas cubrir os datos típicos para rexistrarte (nome, apelido, sexo, data de nacemento, país, etc.). Despois só tes que inscribirte.
Pero realmente o máis cómodo é usar a variante flickrcc que resulta moito máis sinxela. Aquí non necesitas rexistrarte para ter acceso ás fotografías e podes seleccionalas e modificalas ao teu antollo mediante o programa picnik:
- dentro de editar: rotar, recortar, cambiar tamaño, cor, enfoque, eliminar os ollos vermellos;
- dentro de crear: incluír efectos, engadir textos, adhesivos, marcas, adornos, empregar modelos con motivos predeterminados (Día da Nai, Pascua, San Valentín, vacacións, etc.).
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Para máis información podedes botar man dos titoriais que existen na rede:
www.portal.educ.ar/debates/educacionytic/debate/el-mundo-en-un-telar-de-imagenes-.php (no Portal educativo do Estado arxentino)
www.emagister.com/tutorial-flickr-cursos-2463653.htm
PICASA 3 E ALBUMES WEB EN PICASA
QUE É?
Picasa é o software gratuito de Google que permite modificar e mellorar as fotos.
PARA QUE?
Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.
COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR
Para descargar Picasa grátis
http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol
COMO SUBIR E CREAR ALBUMES WEB EN PICASA
Tutorial: Cómo publicar fotos com Blogger.com & Picasa 3
http://www.youtube.com/watch?v=K_jnsVZimzg
COMO ACCEDER AOS ALBUMES WEB DE PICASA COA NOSA CONTA DE GOOGLE
iGOOGLE e DELICIOUS
Igoogle é una páxina de inicio de google personalizada na que podemos incluír os temas que mais nos interesan como son as noticias nacionais ou internacionais, videos, xogos, etc. Permítenos ter a man, sempre que abrimos google, os temas que máis nos interesan, sexa por cuestións persoais ou por cuestións laborais.
Como se crea a páxina igoogle?
Cando creamos a nosa páxina persoal (cliqueando en igoogle) aparecen automaticamente os temas básicos tales cómo: unha axenda, o noso correo electrónico, o chat, o tempo, o día e a hora e tamén Google actualidade (noticias de España) e Youtube. A partir destas seccións podemos incluír seccións máis persoais en función dos nosos intereses ou dos nosos campos de traballo: podcasts, diccionarios, proverbios, informacións sobre xeografía, historia, etc. Isto faise a través do que se chaman os “gadgets”.
A nosa páxina de igoogle está organizada en función do que máis nos interesa, xa que podemos desprazar cada tema arrastrandoo e poñiendo onde queremos na páxina.
Por qué é útil ter unha páxina igoogle?
E moi útil xa que permite ter a man os instrumentos que despois, ao longo do día utilizamos no noso traballo ou no noso tempo libre. Ademais, é un instrumento que se actualiza constantemente.
No colexio, unha boa aplicación do igoogle pode ser por exemplo para a nosa materia, onde figurarían todas as seccións útiles na aprendizaxe das linguas. Como aplicación ó proxecto interdisciplinar do centro poderíamos pensar en incluír nesta páxina todas as sección que teñen que ver cos ríos, a xeografía, o medio ambiente. Nesta páxina tamén figurarían os instrumento básicos do Proxecto: blog, correo electronico, calendario, google earth, etc. Toda a información estaría reunida nunha soa páxina que se encontraría cada día ao abrir google.
Video para aprender a manexar igoogle
http://internet-y-ordenadores.
Delicious é un instrumento particularmente útil cando unha persoa traballa en varios sitios, por exemplo na casa e no colexio, como é o caso de moitos docentes. Delicious é un sitio onde gardamos, organizamos e intercambiamos as direccións web que nos interesan. Cumpre a función de “favoritos” no navegador, pero ademais, sempre está en liña e isto significa que podemos acceder ós vínculos que gardamos desde calquera lugar e dende calquera ordenador que teña conexión a internet.
Para utilizar Delicious, haise que dar de alta, é gratuito e só nos pide un nome e un contrasinal. É un instrumento moi útil. Por exemplo, no noso caso, estivemos varios meses buscando páxinas web interesantes sobre os ríos de Francia para incluír na nosa webwquest (na sección recursos) para os alumnos de 1º ESO. Este traballo de investigación fixémolo dende a casa pero tamén dende o colexio. Con Delicious, sempre tivemos acceso ás nosas direccións web encontradas anteriormente, e clasificadas, xa que este instrumento permite organizar en carpetas as páxinas encontradas.
Video para aprender a manexar delicious
http://velaldo.ning.com/video/Opcións avanzadas de GMAIL
a) Xeral
Dentro deste apartado, ademais de elixir a lingua de visualización de Gmail tamén podemos seleccionar unha imaxe que todos os contactos leran cando se lles envíe unha mensaxe. Tamén se pode inserir unha imaxe para cada un dos contactos. Neste mesmo apartado poderemos seleccionar firmar un e-mail, que se axuntará o final de todas as mensaxes enviadas. Poderase tamén seleccionar o envío dunha resposta automática a todos os e-mails recibidos.
b) Contas e importación
Dentro desta pestana permítesenos importar o correo e os contactos dende outro enderezo.Os enderezos importados logo se poderán xestionar dende a axenda. Tamén se nos permite enviar correo empregando outra dirección. Dende esta mesma pestana tamén se nos permite cambiar a configuración da nosa conta (cambio de contrasinal e opcións de seguridade).
c) Etiquetas
Permítenos amosar ou ocultar as carpetas que nos interesen (enviados, recibidos, borradores, Spam, papeleira.......). Tamén nos permite crear carpetas novas para organizar o noso correo segundo as nosas necesidades (Correo persoal, viaxes, traballo....etc).
d) Reenvío
Danos a posibilidade de reenviar unha copia do correo entrante a outro enderezo ou de crear un filtro se so desexamos enviar algún correo.
2) Axenda, contactos.
a) Os meus contactos
Permítesenos engadir novos contactos, buscar contacto e organizalos por grupos (por exemplo: familia, compañeiros, amigos….). Tamén podemos ter outro grupo que se refira os máis contactados e outro onde aparezan todos os contactos ordenados por orde alfabético. Da mesma forma poderanse eliminar grupos cando así se desexe e importar ou exportar enderezos.
3) Chat
a) Gmail ofrece a posibilidade de ter un chat on line se así se require con todos ou algúns dos contactos.
UNHA AXENDA E ALGO MAIS
GOOGLE CALENDAR
PARA QUÉ?
Servizo de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou mensaxe de móvil
ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí
COMO?
1. Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome, Apelidos, Ubicación...)
2. Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario. Podemos empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da nosa conta de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por defecto o de días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos editar os detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4. Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o código e o pegamos no blogue.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://www.google.com/support/calendar/?hl=es Axuda de Google Calendar
http://es.kioskea.net/faq/1814-google-calendar-la-agenda-de-google explicación de uso de Google Calendar
videotitoriais en youtube e outros
http://internet-y-ordenadores.practicopedia.com/como-usar-google-calendar-1956 Uso xeral de Google Calendar
http://www.youtube.com/watch?v=jw6VU39mA6M Autor Oscargp86, explica como crear un calendario e incrustalo nun blogue.
EXEMPLO
http://abeiradorio.blogspot.com Calendario de actividades de Proxecto Interdisciplinar do CPI Viaño Pequeno, incrustado no pé do Blogue, dentro dun "gadchet"
O calendario e este:
PRESENTACIÓNS EXPRESS (TAMÉN CUESTIONARIOS)
Photopeach
PARA QUÉ?
Para crear presentacións e cuestionarios dun xeito rápido e efectivo.
ONDE?
www.photopeach.com
COMO?
1. Entrando en www.photopeach.com
2. Rexistrandonos cun nome de usuario, unha dirección de correo electrónico e un contrasinal.
3. Subindo fotos dende o equipo no que estamos a traballar ou tomandoas de Picasa ou Facebook. É posible subir varias fotos ao mesmo tempo selecionándoas cunha ventá ou usando a tecla Ctrl. Tamén podemos cambiar a orde arrastrándoas ao lugar onde as queremos colocar, e eliminalas arrastrándoas a zona da dereita.
4. Poñer título á presentación, e facer unha descripción do contido, elixir a velocidade de reproducción e seleccionar música, podemos elixir entre varios tipos de música que photopeach nos ofrece, tomala de calquera video de YOUTUBE, ou na versión de pago subir a nosa propia música.
5. Podemos engadir texto e mesmo un cuestionario interactivo editando casa unha das imaxes.
6. como case todas estas ferramentas podemos incrustar o resultado da presentación nas nosas páxinas de internet, webs ou blogues copiando o código html.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://www.educacontic.es/blog/photopeach-una-magnifica-opcion-para-contar-historias-y-crear-cuestionarios
EXEMPLOS
http://abeiradorio.blogspot.com/2010/02/tambre.html
Ollade o interesante que pode ser crear cuestionarios coma este:
Guess the reflexive verb. on PhotoPeach
AUDACITY
Audacity
PARA QUÉ?
Programa de código aberto e gratuito que permite gravar e editar documentos sonoros en diversos formatos
ONDE?
Descarga do programa de e complementos de: http://audacity.sourceforge.net/?lang=es
COMO?
1. Descargamos a versión do programa que nos interese tendo en conta o sistema operativo que utilicemos e a instalamos no noso equipo
2. Descargamos tamén e instalamos o codificador LAME mp3 que nos permitirá gardar o resultado do traballo en formato mp3, agora mesmo o mais utilizado e universal.
3. Para aprender a utilizar o programa temos en internet un bo número de manuais titoriais e videotitoriais. No apartado seguinte descríbense algún deles.
TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
http://audacity.sourceforge.net/help/ páxina oficial de axuda de Audacity, levanos ao manual de usuario, a Wiki e diferentes titoriais.
http://writer.zoho.com/public/xanocebreiro/son Páxina que incrusta varios videotitoriais sobre o programa, tamén da algún programa alternativo e posibilidades de edición en linea e de aloxamento de podcasts.
videotitoriais en youtube
http://www.youtube.com/watch?v=2wB_idjiW6Y Audacity en xeral
http://www.youtube.com/watch?v=7QjsuXrXiJs Audacity en xeral.
http://www.youtube.com/watch?v=XdTEfdY0gsI Efecto: eliminar ruido de fondo
http://www.youtube.com/watch?v=uUkiaf0IYeU Fundir duas canciones
http://www.youtube.com/watch?v=YCbS_ZxiwVU Efecto: voz metálica.
EXEMPLO
http://abeiradorio.blogspot.com. ficheiro sonoro co nome do blogue en diferentes idiomas e son de auga de fondo.
USO DO PROGRAMA: "embedr"
Que é?
Embedr é un servizo en liña que permite crear listas personalizadas de videos que se atopan aloxados en outros servidores coma YouTube, MySpace Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh, Vimeo, Blip.tv e outros.
Para que serve?
Moi útil para cando queremos mostrar varios videos xuntos.
Imaxinemos que queremos mostrar varios videos, teríamos que ir copiando e pegando a URL de cada un deles, pola contra con este servizo non é necesario. Prócedese da seguinte maneira:
1. Poñemos en google ou outro servidor a palabra "embrd"
2. Logo picamos en "Build a playlist"
3. Na parte esquerda da pantalla aparecen dous recadros:
a) "Playlist Description": aquí describimos o video e o lugar onde se atopa.
b) "Playlist Tags": poñémoslle a etiqueta que nos interese, por exemplo: medi0 ambiente.
Logo no centro aparece "Playlist Title", aquí debemos poñer o título tal cual figura no servidor de onde imos recoller ese video, (YouTube, MySpace Video, DailyMotion, MetaCafe, Veoh).Tamén aparece un recadro que na súa dereita pon "add", é aquí copiamos a "url" ou o "embed code" do video que queremos poñer na nosa lista.
4. Picamos en "add" e carga o video elexido por nós. Así facemos con cada un dos videos ata ter a lista completa dos que queremos importar, e van aparecendo numerados un debaixo do outro.
5. Pulsamos na parte esquerda en "preview playlist", e sae a lista cos videos seleccionados por nós, (ainda que pareza que só está un, realmente están todos, esto está indicado por un nº que aparece na parte de abaixo da pantalla que os mostra)
6. Picamos en "close preview"
7. Finalmente picamos debaixo de"preview playlist" en "create list". Entón saen os videos que nos puxemos cun "embed code" que copiamos e pegamos no noso bloggue.
8. Xa podemos disfrutar de velos todos seguidos.(Na barra horizontal que aparece na parte de abaixo do video, ao movela imos escollendo o que desexamos ver nese intre)
OUTRA FUNCIÓN "embedr"
Tamén nos permite seleccionar videos por temas. Exemplo, queremos videos sobre a auga, pois procedemos de seguinte maneira.
1 e 2 (coma no apartado anterior)
3. Picamos en "smart playlist"
4. En "keyword", poñemos a palabra clave, exemplo. "water", e podemos cubrir os apartados referentes a categoria, rexión etc, de xeito intuitivo para os que non sabemos inglés.
5. Procedemos como no apartado anterior: Picamos en "Preview playlist"e vemos os elexidos
Logo picamos en "close review" e por último picamos en "create playlist", e xa aparece o código"embed" que debo copiar e pegar no bloggue.
BANDAS DESEÑADAS: O programa Toondoo
É una ferramenta para a aula de idiomas moi motivadora. O alumnado pode imaxinar e redactar os seus propios diálogos e historias sobre un tema concreto, creando personaxes, escenarios e obxectos que poden ser publicados no blogue de aula ou no seu propio blogue.
Aquí podemos ver un exemplo publicado no blogue www.abeiradorío.blogspot.com realizado para a clase de inglés.
PARA QUE?
Para redactar e presentar diálogos.
ONDE?
www.toondoo.com
COMO?
Toondoo é una ferramenta moi fácil de usar. Podemos usar os personaxes, escenarios e obxectos que nos ofrece a aplicación, engadir burbullas de cómic, etc.
Podemos tamén cambiar a expresión da cara e o corpo do personaxe elixido para que se adapte ao texto de cada viñeta, aínda que non dá demasiadas posibilidades.
Aínda que está en inglés, é moi intuitivo. Só hai que crear unha conta.
Eliximos entre unha, dúas ou tres viñetas para a nosa banda deseñada e, logo gardámola no noso ToonBag. Podemos facer as tiras que queiramos e logo unilas nun único libro, para crear historietas completas.
Despois de facer a conta, seguimos os seguintes pasos:
1.- Crear conta : Register
2.- Escribir Usuario e contrasinal e click: log in
3.- Pestana azul: tools e click en toondoo makers
4.- Elexir a disposición que queremos, unha, dúas ou tres viñetas.
5.- Characters: elixir personaxes.
6.- Background: elexir o fondo: paisaxes, deportes, interior…
7.-Ferramentas debaixo : shrink (encoller a imaxe do personaxe), enlarge (agrandar), clonar, rotar, flip (darle a volta) borrar, darle una emoción e algo de movemento, elixir colores…
8.- Objects: festas, árbores e plantas, obxectos de interior, deportes, cidade…
9.-Bocadillos para escribir os comentarios. Podemos modificar o tamaño e orientalo adecuándoo ao espazo que temos e ao tamaño dos personaxes.
10.- Na 1º pestana seleccionamos o disco azul: save (gardar). Poñer un título, descrición e etiqueta. Engadilo á nosa bolsa e publicamos. Logo podemos incrustalo no blogue, insertando o código html.
A NOSA IMAXE NA WEB: AVATARES E VOKIS
Como educadores, debemos transmitir a importancia de non dar datos personais nun chat ou nun foro e de non publicar fotos que poidan comprometer. Este vídeo ilustra moi ben esta idea.
AVATAR
http://www.avatarize yourself.com
En educacontic atoparás máis información e 20 sitios máis onde crear avatares:
http://www.educacontic.es/blog/gravatar-tu-imagen-en-la-red
Este é un exemplo publicado no blogue www.abeiradorio.blogspot.com realizado na clase de inglés para conmemorar o día da terra no que o alumnado de 1ºESO escribiu unha mensaxe de compromiso persoal co medio ambiente.
VOKI
Voki é una ferramenta moi interesante para a aula de idiomas. Permite crear una avatar con voz dun xeito moi sinxelo. Creamos un avatar que fala e móvese segundo o texto que escribamos (text-to-speech) ou gravado cun micro conectado ao ordenador ou gravado nun programa de gravación (como audacity). Podemos insertalo nun blog, compartilo nunha web ou envialo por correo electrónico.
Máis información en Educacontic
Velaí un exemplo dun voki realizado por una alumna de 1º ESO de inglés para o blogue www.abeiradorío.blogspot.com
Get a Voki now!
http://abeiradorio.blogspot.com/2010/05/be-nice-with-our-planet.html