
Igoogle é una páxina de inicio de google personalizada na que podemos incluír os temas que mais nos interesan como son as noticias nacionais ou internacionais, videos, xogos, etc. Permítenos ter a man, sempre que abrimos google, os temas que máis nos interesan, sexa por cuestións persoais ou por cuestións laborais.
Como se crea a páxina igoogle?
Cando creamos a nosa páxina persoal (cliqueando en igoogle) aparecen automaticamente os temas básicos tales cómo: unha axenda, o noso correo electrónico, o chat, o tempo, o día e a hora e tamén Google actualidade (noticias de España) e Youtube. A partir destas seccións podemos incluír seccións máis persoais en función dos nosos intereses ou dos nosos campos de traballo: podcasts, diccionarios, proverbios, informacións sobre xeografía, historia, etc. Isto faise a través do que se chaman os “gadgets”.
A nosa páxina de igoogle está organizada en función do que máis nos interesa, xa que podemos desprazar cada tema arrastrandoo e poñiendo onde queremos na páxina.
Por qué é útil ter unha páxina igoogle?
E moi útil xa que permite ter a man os instrumentos que despois, ao longo do día utilizamos no noso traballo ou no noso tempo libre. Ademais, é un instrumento que se actualiza constantemente.
No colexio, unha boa aplicación do igoogle pode ser por exemplo para a nosa materia, onde figurarían todas as seccións útiles na aprendizaxe das linguas. Como aplicación ó proxecto interdisciplinar do centro poderíamos pensar en incluír nesta páxina todas as sección que teñen que ver cos ríos, a xeografía, o medio ambiente. Nesta páxina tamén figurarían os instrumento básicos do Proxecto: blog, correo electronico, calendario, google earth, etc. Toda a información estaría reunida nunha soa páxina que se encontraría cada día ao abrir google.
Video para aprender a manexar igoogle
http://internet-y-ordenadores.
Delicious é un instrumento particularmente útil cando unha persoa traballa en varios sitios, por exemplo na casa e no colexio, como é o caso de moitos docentes. Delicious é un sitio onde gardamos, organizamos e intercambiamos as direccións web que nos interesan. Cumpre a función de “favoritos” no navegador, pero ademais, sempre está en liña e isto significa que podemos acceder ós vínculos que gardamos desde calquera lugar e dende calquera ordenador que teña conexión a internet.
Para utilizar Delicious, haise que dar de alta, é gratuito e só nos pide un nome e un contrasinal. É un instrumento moi útil. Por exemplo, no noso caso, estivemos varios meses buscando páxinas web interesantes sobre os ríos de Francia para incluír na nosa webwquest (na sección recursos) para os alumnos de 1º ESO. Este traballo de investigación fixémolo dende a casa pero tamén dende o colexio. Con Delicious, sempre tivemos acceso ás nosas direccións web encontradas anteriormente, e clasificadas, xa que este instrumento permite organizar en carpetas as páxinas encontradas.
Video para aprender a manexar delicious
http://velaldo.ning.com/video/
No hay comentarios:
Publicar un comentario