Opcións avanzadas de GMAIL

1) Configuración

a) Xeral

Dentro deste apartado, ademais de elixir a lingua de visualización de Gmail tamén podemos seleccionar unha imaxe que todos os contactos leran cando se lles envíe unha mensaxe. Tamén se pode inserir unha imaxe para cada un dos contactos. Neste mesmo apartado poderemos seleccionar firmar un e-mail, que se axuntará o final de todas as mensaxes enviadas. Poderase tamén seleccionar o envío dunha resposta automática a todos os e-mails recibidos.

b) Contas e importación

Dentro desta pestana permítesenos importar o correo e os contactos dende outro enderezo.Os enderezos importados logo se poderán xestionar dende a axenda. Tamén se nos permite enviar correo empregando outra dirección. Dende esta mesma pestana tamén se nos permite cambiar a configuración da nosa conta (cambio de contrasinal e opcións de seguridade).

c) Etiquetas

Permítenos amosar ou ocultar as carpetas que nos interesen (enviados, recibidos, borradores, Spam, papeleira.......). Tamén nos permite crear carpetas novas para organizar o noso correo segundo as nosas necesidades (Correo persoal, viaxes, traballo....etc).

d) Reenvío

Danos a posibilidade de reenviar unha copia do correo entrante a outro enderezo ou de crear un filtro se so desexamos enviar algún correo.

2) Axenda, contactos.

a) Os meus contactos

Permítesenos engadir novos contactos, buscar contacto e organizalos por grupos (por exemplo: familia, compañeiros, amigos….). Tamén podemos ter outro grupo que se refira os máis contactados e outro onde aparezan todos os contactos ordenados por orde alfabético. Da mesma forma poderanse eliminar grupos cando así se desexe e importar ou exportar enderezos.

3) Chat

a) Gmail ofrece a posibilidade de ter un chat on line se así se require con todos ou algúns dos contactos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario