BANDAS DESEÑADAS: O programa Toondoo

¿QUE É?
É una ferramenta para a aula de idiomas moi motivadora. O alumnado pode imaxinar e redactar os seus propios diálogos e historias sobre un tema concreto, creando personaxes, escenarios e obxectos que poden ser publicados no blogue de aula ou no seu propio blogue.
Aquí podemos ver un exemplo publicado no blogue www.abeiradorío.blogspot.com realizado para a clase de inglés.

school project




PARA QUE?
Para redactar e presentar diálogos.

ONDE?
www.toondoo.com

COMO?

Toondoo é una ferramenta moi fácil de usar. Podemos usar os personaxes, escenarios e obxectos que nos ofrece a aplicación, engadir burbullas de cómic, etc.
Podemos tamén cambiar a expresión da cara e o corpo do personaxe elixido para que se adapte ao texto de cada viñeta, aínda que non dá demasiadas posibilidades.
Aínda que está en inglés, é moi intuitivo. Só hai que crear unha conta.
Eliximos entre unha, dúas ou tres viñetas para a nosa banda deseñada e, logo gardámola no noso ToonBag. Podemos facer as tiras que queiramos e logo unilas nun único libro, para crear historietas completas.
Despois de facer a conta, seguimos os seguintes pasos:
1.- Crear conta : Register
2.- Escribir Usuario e contrasinal e click: log in
3.- Pestana azul: tools e click en toondoo makers
4.- Elexir a disposición que queremos, unha, dúas ou tres viñetas.
5.- Characters: elixir personaxes.
6.- Background: elexir o fondo: paisaxes, deportes, interior…
7.-Ferramentas debaixo : shrink (encoller a imaxe do personaxe), enlarge (agrandar), clonar, rotar, flip (darle a volta) borrar, darle una emoción e algo de movemento, elixir colores…
8.- Objects: festas, árbores e plantas, obxectos de interior, deportes, cidade…
9.-Bocadillos para escribir os comentarios. Podemos modificar o tamaño e orientalo adecuándoo ao espazo que temos e ao tamaño dos personaxes.
10.- Na 1º pestana seleccionamos o disco azul: save (gardar). Poñer un título, descrición e etiqueta. Engadilo á nosa bolsa e publicamos. Logo podemos incrustalo no blogue, insertando o código html.

No hay comentarios:

Publicar un comentario