LA FRANCE AU FIL DE L'EAU
Elaboración dunha webquest
Neste traballo, tratábase de poñer en práctica unha das tecnoloxías da información e da comunicación, a webquest. O tema escollido foi o tema dos ríos (de Francia porque se relaciona coa materia que impartimos no centro) e ademais era o tema do proxecto interdisciplinar.
A) Lecturas previas
Como era a primeira vez que iamos crear unha webquest, tivemos que ler sobre este tema e sobre todo asegurarnos de que esta actividade correspondía perfectamente aos obxectivos do grupo de traballo e do proxecto interdisciplinar do centro. As nosas lecturas foron múltiples e variadas, e abarcaron lecturas teoricas como un manual titulado “Nuevas tecnologías para la clase de Francés Lengua Extranjera: teoría e práctica” do Profesor Alfredo Álvarez Alvarez, ou as explicacións de Bernie Dodge, o creador da webquest (USA, 1995), ou a páxina web de Aula 21.net que nos foi de gran axuda à hora de realizar a nosa webquest. Pero tamén, e en unha gran medida, limos moitas webquest xa creadas, disponibles na rede e que nos permitiron aprender e concretar como debíase facer esta actividade.
B) Plantexamento teórico das webquest
Unha webquest é unha pequena investigación, unha búsqueda da información na rede por parte dos alumnos aos que vai dirixida e entorno à un tema escollido de anteman polo profesor. Esta investigación está moi estructurada e guiada, tanto a nivel das tarefas que deben realizar os alumnos como a nivel dos recursos dispoñibles que son moi definidos. Pero o resultado final é fruto das decisións que tomaron os alumnos ao largo das sesións de traballo. As fontes de información proceden do profesor e os alumnos utilizan estas fontes, e no outras. Despois, o alumnado ten que interpretar e explotar a información que nelas figura. Nunha webquest os alumnos realizan tarefas concretas. Son tarefas estimulantes para a mente e favorecen as discusións entre eles xa que na maioría dos casos, o traballo faise en grupo pequeno, de 2 a 4 persoas.
Por outra banda favorece a autonomía e respecta os ritmos persoais dos alumnos. Cando un alumno realiza as activades dunha webquest, é totalmente actor do seu aprendizaxe, e podemos dicir que constrúe o seu coñecemento. As tarefas propostas consisten en elaborar un producto que va dende una presentación (póster, power point) hasta unha escenificación teatral, un guión radiofónico.... A webquest pódese considerar como unha nova maneira de aprender, e tamén como unha boa maneira de introducir internet nas clases e na aula.
C) Difcultades encontradas
A principal dificultade deste traballo foi encontrar recursos para os alumnos que foran adaptados o seu nivel de coñecemento, sobre todo da lingua francesa xa que levan poucos meses aprendendo este idioma. As páxinas encontradas son para a maioría dispoñibles en castelán e por outra banda teñen moitas fotos, o cal facilita bastante a comprensión dos textos e por tanto a realización da tarefa. A outra dificultade desta actividade é temporal xa que imos necesitar 3 ou 4 sesións de clase para poñela en practica. Estamos a final de curso, e o noso desexo é ver o resultado deste traballo cunha aplicación na aula, así que confiamos en que sexa posible.
D) Actividades previas
Ao mesmo tempo que facíamos as lecturas sobre a base teórica das webquest, quixemos, antes de iniciar a nosa tarefa, interesarnos polos alumnos e as súas inquietudes en canto a outros ríos diferentes dos que coñecen e estudian. Sabíamos que traballaban sobre o seu entorno e parecíanos interesante prolongar os seus coñecementos fóra das fronteiras de Galicia, creando así un vinculo cunha das materias que estudian este ano, o francés. Así propuximos facer unha pequena reflexión basada na comparación entre o que coñecen en canto a ríos (fauna, flora, construccións, oficios tradicionais, actividades lúdicas, problemas de conservación e contaminación, etc.) e os ríos de Francia. O noso obxectivo era que descubrisen, a través da súa investigación enmarcada nunha webquest, que existe unha cultura compartida entre Francia e Galicia entorno aos ríos. A través da webquest, habrán podido responder ás preguntas previas que se facía sobre os ríos en Francia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario